CRTVG

Buscar

Os condutores sofren a deterioración da estrada entre Lugo e Ourense

Publicado o 21/01/2020 14:38

É a imaxe que presenta a nacional 540 a vía que une as cidades de Lugo e Ourense. A falta de mantemento fai que o longo do seu trazado proliferen as fendas, as fochancas e un asfalto moi deteriorado que xera malestar entre os usuarios. Din que só se acometen arranxos parciais e que os indidentes son constantes.

Intentar esquivar as fochancas supón tamén un perigo, polo que os condutores reclaman medidas. Din que esta é unha das arterias principais da provincia e estímase que por ela circulan a diario uns 4.300 vehículos.

Noticias web

21/01/2020