CRTVG

Buscar

Os concertos mantéñense con restricións, coma o de Salvador Sobral en Lugo

Publicado o 08/11/2020 15:12

Hai oferta cultural que se mantén en cines, teatros ou salas de concertos malia as restricions. Quixemos comprobar como é un concerto con todas estas limitacions e esta fin de semana fomos ao que ofrecía o eurovisivo portugués Salvador Sobral en Lugo. A covid−19 fixo que se convertese nun recital para só  trinta persoas.

Con trinta asistentes, o salón do Círculo das Artes de Lugo semellaba baleiro, pero as restricións impostas pola alerta sanitaria non permiten máis.

Houbo que axustarse ás esixencias. Como norma xeral, en ocio e cultura a ocupación máxima permitida redúcese ao 50 por cento, pero en interiores limítase a trinta persoas.

A maiores, o local está ventilado e antes de entrar hai toma de temperatura e os asistentes teñen que deixar os seus datos por se fose necesario localizalos.

Estas normas de hixiene son xa habituais, tampouco se descoidan en espectáculos e permiten gozar con seguridade de concertos como o de Salvador Sobral e o grupo Alma Nuestra, encargado de abrir a trinta edición do festival de jazz de Lugo.

Noticias web

08/11/2020