CRTVG

Buscar

Os concellos preparan protocolos de seguridade para reabrir parques de xogos

Publicado o 11/06/2020 15:21

O silencio reina nos parques infantís dende hai tres meses. Nin tan sequera se ven nenos nas próximidades. Incluso pais e nais evitan pasear preto deles cos cativos. Pero os precintos poderían romperse pronto. A intención da Xunta é levantar o estado de alarma en Galicia a partir do próximo luns, e daquela os tobogáns e os bambáns poderían volver recibir a visita dos nenos. Sempre con medidas de prevención.

María José Gómez, alcaldesa de Guntín, conta que sempre con xel hidroalcólico e desinfección dos obxectos. Cos protocolos de seguridade podemos facer fronte a abrir os espazos públicos. A xente está moi concienciada e os nenos incluso máis que os adultos.

Os concellos traballan no deseño de protocolos de seguridade para o desfrute dos parques infantís, entre os que se podería incluír o establecemento dunha acollida máxima de usuarios. Algo que consideran que sería innecesario nos núcleos con poucos habitantes.

A alcaldesa de Guntín di que por desgraza no seu concello non necesitan establecer acollida, xa que como máximo se van xuntar dez nenos.

Mentres se retiran ou non os precintos, a cativada agarda con paciencia a súa propia desescalada.

Noticias web

11/06/2020