CRTVG

Buscar

Os concellos poderán ampliar e reducir os horarios dos bares

Publicado o 09/12/2019 14:54

Os concellos poderán ampliar ou reducir dúas horas os horarios xerais de apertura de bares, restaurantes, pubs e discotecas en períodos de festa como o Nadal. E os concellos de maior afluencia turística poderán ampliar eses períodos en situacións especiais como o Xacobeo.

A comisión galega de espectáculos e actividades recreativas aprobou os horarios dos establecementos públicos que entrarán en vigor nas próximas semanas. Son horarios para os distintos tipos de locais de lecer de toda Galicia pensados para que non interfiran uns con outros.

"Hostalería, restaurantes, ata as dúas da mañá; cafeterías e bares, ata as dúas e media; pubs, ás catro; salón de concertos e salas de espectáculos, ás catro e media, e discotecas ás seis da mañá".

"As fins de semana, festivos e vésperas de festivos é media hora máis. Os concellos poderÍan aumentar dúas horas máis ou reducir dúas horas", anunciou Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencias e Interior.

Os concellos poden aplicar esas modificacións en datas como Nadal, Entroido ou festas patronais. En situacións especiais como un ano xacobeo os períodos poden ser máis amplos.

"Hai outro tipo de concellos, os que están declarados de grande afluencia turística, que non se ven limitados a eses períodos, senón que poden ampliar o horario en períodos más amplos", engadiu Villanueva.

A comisión de espectáculos considera que son horarios amplos e lembra que en calquera caso os establecementos teñen que aterse ás actividades para as que están rexistrados.

Noticias web

09/12/2019