CRTVG

Buscar

Concelleiros do PSOE asinan unha moción ante notario e instan os outros grupos a subscribila para desaloxar a Jácome

Publicado o 04/11/2020 14:31

En Ourense, as negociacións para desaloxar a Jácome da alcaldía están atascadas. Para meterlle presión ao resto de grupos políticos, o Partido Socialista anunciou que os seus 9 concelleiros asinarán ante notario unha moción de censura e instan a corresponsabilidade de todos os demais para subscribila nun prazo dunha semana.

Son necesarias 14 sinaturas para poder presentala. Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE: "Van poñer as firmas para que haxa unha moción de censura e Rodríguez Villarino poida abrir unha nova etapa como alcalde da cidade. A partir de aí cada un terá que retratarse do que quere facer con Ourense: ou se apoia que a lista máis votada exerca a alcaldía da cidade ou estarase apoiando a situación de crise municipal".

Noticias web

04/11/2020