CRTVG

Buscar

Os comerciantes de Cangas esixen na rúa medidas contundentes contra a vaga de roubos

Publicado o 24/02/2020 14:21

O último roubo que se produciu en Cangas foi nesta florería durante a fin de semana. O seu presunto autor é un veciño deste concello que quedou detido. Dáse a circunstancia de que estaba en liberdade provisional polo asalto a outro establecemento comercial rexistrado tan só corenta e oito horas antes. E é que dende verán os comerciantes de Cangas son vítimas dunha vaga de roubos cometidos polas mesma persoas, que acumulan un longo historial por antecedentes policiais.

Os comerciantes séntense inseguros e estan fartos da situación. Ás portas dos xulgados de Cangas esixiron solucións.

Nin os carteis que colocaron nos escaparates plantando cara aos ladróns nin a presenza policial parecen disuadir os delincuentes, por iso os afectados demandan que a Administración tome medidas que lles permitan traballar con normalidade e seguridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2020