CRTVG

Buscar

Os comerciantes de Cangas chaman a atención dos ladróns con carteis nos seus negocios

Publicado o 11/02/2020 14:33

Os comerciantes e hostaleiros de Cangas son vítimas dende hai meses dunha vaga de roubos. Os ladróns entran nos seus establecementos de noite e levan o diñeiro da caixa. O mesmo modus operandi en asaltos que se producen case a diario.

Os comerciantes esixen solucións urxentes para unha situación que lle provoca perdas e inseguridade.

Fartos da situación, algúns afectados optaron por plantar cara aos ladróns e colocaron carteis nos seus escaparates ameazando os delincuenntes coa existencia de cámaras e advertíndolles que a caixa está baleira.

Esta é unha iniciativa dunha minoría de comerciantes afectados. A maior parte deles agardan que as autoridades, coas que se reúnen nos próximos días, tomen medidas urxentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2020