CRTVG

Buscar

Os comerciantes da Mariña enviarán 80.000 cartas á Moncloa por Alcoa

Publicado o 07/11/2019 20:44

Os comerciantes da Mariña e os seus clientes enviarán 80.000 cartas á Moncloa para esixir solucións para Alcoa. Hai dous días chegaron as primeiras cinco mil cartas pero a previsión é chegar ás 80.000 nos próximos días.

A Federación de Comercio da Mariña puxo á disposición dos veciños un modelo de carta para que llela envíen ao presidente en funcións, Pedro Sánchez. Queren conseguir que Alcoa siga funcionando xa que a economía da comarca depende en gran parte desta multinacional, onde traballan máis de mil persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019