CRTVG

Buscar

Os comerciantes afirman que as vendas nas rebaixas de verán foron máis cativas

Publicado o 31/08/2020 20:34


Dentro duns días nos escaparates de todos os comercios comezaremos a ver a roupa e o calzado da tempada de outono-inverno. Porén, estes días aínda temos a posibilidade de facermos cos últimos artigos das rebaixas de verán. Unhas rebaixas marcadas este ano pola crise sanitaria e económica o que, segundo os comerciantes, reduciu os seus ingresos con respecto ás do ano pasado.

 "Estas rebaixas foron como ven sendo desde o momento da Covid. Creo que estamos todos mermados canto a movementos, vendas e demais...pois non sei na orde do 50%, outros do 60, outros do 40%, depende un pouco do sector, pero dendo logo están chegando ata o final", afirma o Presidente da Asociación de Comerciantes Agra-Barcelona.

Para algúns consumidores este ano non foi o mellor momento para facer compras, nin tan siquera de rebaixas

 "Nas rebaixas, pois a verdade que non, non moito. Este ano foi o ano que menos" "Non compro nada que estou na rúina. Estamos nunha crise terrible"

Segundo un recente estudo, Galicia é a oitava comunidade que máis inviste nas rebaixas. Calcúlase que o gasto medio dos galegos é de 120 euros

 "Pois ao redor de 60-70 euros, máis ou menos" "Cen euros, máis ou menos".

Coa actual lei de comercio, as rebaixas non teñen un período fixo, así que moitos comercios, sobre todo os pequenos, alongaran as súas rebaixas de verán ata mediados de setembro, coa fin de salvar un pouco a temporada.

Noticias web

31/08/2020