CRTVG

Buscar

Os colexios médicos galegos advirten da necesidade de visibilizar a violencia contra o persoal sanitario

Publicado o 27/12/2019 15:24

Case 500 casos documentados, pero poden ser moitos máis, porque non todas as agresión se denuncian. Desde os colexios de médicos fálase de "infradiagnóstico" deste tipo de violencia.

Para garantir a eficacia na investigación de actos violentos contra facultativos, a Fiscalía e o Colexio Médico de Ourense asinaron un convenio de actuación inmediata.

As mulleres do persoal sanitario sofren un 59% das agresións. Adoitan producirse no servizo de Urxencias e de Atención Primaria. Sete de cada dez agresores son os propios pacientes e a maioría son homes. Un problema que precisa de múltiples solucións.

En marzo coñeceranse novos datos, pero a tendencia non parece positiva.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019