CRTVG

Buscar

Os colexios de médicos piden máis protección para os traballadores da sanidade

Publicado o 23/03/2020 14:45

Están na primeira liña de loita contra o virus e asistencia a enfermos e séntense desprotexidos. O 12% dos infectados en España son profesionais sanitarios.

Denuncian que están traballando con "importantes carencias" e piden xa máis medidas de protección. Por iso, advirten de que sen protección pode chegar a haber un problema de recursos humanos no sistema sanitario.

Os colexios de médicos agradecen tamén o esforzo e responsabalidade dos cidadáns e pídenlles que continúen extremando as precaucións. Esta guerra, aseguran, gañarémola xuntos.

Noticias web

23/03/2020