CRTVG

Buscar

Os coches terán caixa negra coma a dos avións desde 2022

Publicado o 27/03/2019 21:34

A caixa negra dos coches será similar á dos avións. Un dispositivo que vai esclarecer o ocorrido os segundos previos a un accidente almacenando datos sobre a velocidade, o uso dos sistemas de retención e freos ou o estado do firme. Deberán levala de serie todos os coches europeos novos a partir de 2022, segundo acordaron provisionalmente as institucións da Unión Europea.

Este acordo, pendente de ratificación, tamén contempla que os vehículos leven outros sistemas avanzados de seguridade, como os que avisan o condutor en caso de somnolencia ou distracción. A idea é que os coches sexan cada vez máis autonómos e que tecnoloxía axude a reducir os accidentes, que nun 90% se deben a erros humanos, para que deixen de morrer 25.000 persoas cada ano nas estradas europeas.



 

Noticias web

27/03/2019