CRTVG

Buscar

Deberase reducir en 20 km/h o límite de velocidade da vía coa presenza de ciclistas

Publicado o 21/01/2021 21:37

Avecíñanse cambios en materia de tráfico e uns dos protogonistas son os ciclistas. Ademais da xa obrigatoria distancia lateral de seguridade agora propoñen que os vehículos reduzan a velocidade en 20 quilómetros por hora respecto ao límite da vía pola que se circule. A idea é moi ben acollida polos ciclistas.

Tamén formulan novas obrigas. Queren que os repartidores, independentemente do vehículo que usen, leven casco e que sexa obrigatorio que os motoristas se equipen con luvas para protexer as mans. Os expertos sinalan que todo é poco ante unha caída no asfalto.

Que as motos poidan circular pola beiravía en vías colapsadas a non máis de 30 por hora ou a obriga, en caso de nevarada, de deixar libre o carril da esquerda en vías con tres ou máis carrís para permitir a ciruculación de vehículos de emerxencias e as quitaneves.

Polo momento son só proposta en estudo e que de manterse deberán susperar varios trámites.

Noticias web

21/01/2021