CRTVG

Buscar

Os clientes poden esixir a devolución dos cartos das viaxes combinadas

Publicado o 10/06/2020 19:39

Ata o de agora, os clientes que pagaran unha viaxe combinada que fora suspendida polo coronavirus, podían verse obrigados a aceptar un bono para gozar máis adiante dos servizos contratados.

Agora poden escoller, e se non queren o bono, poden esixir a devolución dos cartos. Cambia así a medida excepcional que adoptara o Goberno nesta crise. As axencias de viaxes temen que terán que adiantar os cartos en moitos casos cando eles recibirán de hoteis ou compañías aéreas un bono.

Esta medida non ten carácter retroactivo, só afecta as novas devolucións, non as que xa se fixeron efectivas.

Noticias web

10/06/2020