CRTVG

Buscar

Os cidadáns e os traballadores da concesionaria piden suspender a zona azul de Vigo

Publicado o 17/03/2020 19:39

Este xesto, que xa non se ve noutras cidades con zona azul como Barcelona e Granada e mesmo A Coruña e Ourense, segue sendo necesario en Vigo.

Non só están molestos os cidadáns por seguir pagando o estacionamento na zona azul a pesar das medidas de confinamento. Os representantes sindicais dos controladores cuestionan o mantemento do servizo por entender que é un risco innecesario para os traballadores, expostos na vía pública ao contaxio, e nunha situación, aseguran, en que nas rúas hai espazo de sobra para aparcar.

O Concello de Vigo xustifica o cobro do estacionamento para asegurar a rotación dos vehículos aparcados na rúa.

Noticias web

17/03/2020