CRTVG

Buscar

Os centros educativos abren para retomar as matrículas e para reorganizar un curso incerto

Publicado o 11/05/2020 15:15

Case dous meses despois de que pecharan as súas portas, os colexios e institutos retoman a actividade, pero de momento só a administrativa. Reabre o prazo para a matriculación, que quedara interrompido polo estado de alarma, e faino marcado polas esixencias sanitarias.

Tamén comezan as tarefas de desinfección e reordenación para a volta voluntaria ás aulas, dentro de 15 días, dos alumnos de Infantil, 4º da ESO e 2º de bacharelato. Os docentes piden instrucións claras.

Porque sobre as propostas para o próximo curso a comunidade educativa suscita moitos interrogantes. Con que criterio se vai dividir os alumnos entre as clases presenciais e telemáticas, e como poderán as familias conciliar esta docencia por quendas. Tamén se cuestionan se se reducirán servizos como o de comedor ou as actividades extraescolares.

A comunidade educativa agarda que a reunión deste xoves entre a ministra e os conselleiros autonómicos aclare algunhas das incertezas do novo curso escolar.

Noticias web

11/05/2020