CRTVG

Buscar

Os centros comerciais preparan a reapertura para a fase 2, o 25 de maio

Publicado o 15/05/2020 10:07

Os centros comerciais empezan xa a preparar a volta. Será na fase dúas, é dicir, se non se torcen as cousas, aquí en Galicia, poderían reabrir dentro de dez días, o luns 25.

Para Ana López, xerente do Centro Comercial de Marineda City, todo está preparado para a apertura cando se produza a entrada na fase 2: "Levamos xa dous meses traballando nas medidas de seguridade e hixiene, porque o centro non pechou as portas, mantívose aberto para aquelas tendas de produtos básicos".

López salienta que "sorprende as ganas e a ilusión que teñen os tendeiros de volver". E recoñece que xa están afrontando os protocolos para ese momento de apertura: "Todos tivemos que segregar entradas e saídas, colocar cartelaría especial, facer desinfeccións moi profundas, así como unha desinfección total de todo o centro comercial".

Noticias web

15/05/2020