CRTVG

Buscar

Os camioneiros demandan o arranxo da N-120, que leva unha semana cortada por un desprendemento

Publicado o 15/11/2019 11:43

É a principal vía de comunicación entre Ourense e Valdeorras, pero dende o venres pasado sinais coma este, á saída da cidade das Burgas, alertan os condutores de que a nacional 120 está cortada.

Os turismos son desviados pola antiga nacional. Un desvío duns 10 quilómetros por unha estrada con varios pasos estreitos, coma este. No caso dos camións, o desvio é por Chantada ata Monforte. Unha ruta que realizan sobre todo os que van á zona de Lugo.

O problema é para os que se dirixen a Valdeorras. O motivo do corte é este desprendemento de pedras. Unha situación, din os condutores, que se repite cada pouco tempo.

Dende Fomento din que se están a acondicionar os accesos para revisar a parte do noiro e non se abrirá a vía ata que non sexa completamente seguro.

Noticias web

15/11/2019