CRTVG

Buscar

Os bispos pídenlle ao Goberno respecto polos pactos sobre a educación concertada

Publicado o 22/11/2019 14:55

A Conferencia Episcopal pídelle ao Goberno que respecte os pactos asinados polo Estado sobre a educación concertada. Din que é un dereito preferente dos pais escoller centro e tipo de ensinanza. 

"Dende o respecto ao marco constitucional e aos acordos firmados, estamos dispostos a dialogar con calquera goberno. Algúns dos aspectos nucleares dos que estamos falando foron asinados co Goberno socialista. Foi un goberno do PSOE o que asinou os concertos educativos", dixo Luis Argüello, secretario xeral da Conferencia Episcopal Española.

 

Noticias web

22/11/2019