CRTVG

Buscar

Os biólogos non acertan a dar coa causa das varadas de tres golfiños na ría de Arousa

Publicado o 08/01/2020 14:47

As necropsias realizadas aos tres golfiños que morreron logo de varar na ría de Arousa esta fin de semana non explican as causas exactas da súa morte. Non tiñan enfermidades graves nin foran atacados por outros animais. Os biólogos descartan que estiveran desorientados.

Ata seis golfiños se adentraron en augas de Arousa. Foi un varamento masivo moi particular xa que é moi difícil avistalos no interior da ría e máis aínda en augas doces coma as do río Ulla ata onde se achegaron algúns exemplares.

Nesta época do ano, ata o mes de marzo, as focas acostuman ser as protagonistas da maior parte dos varamentos de mamíferos, que o pasado ano ascenderon a 475 na costa galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2020