CRTVG

Buscar

Os bateeiros botan contas dos danos causados polos temporais

Publicado o 23/12/2019 14:33

Foron moitos días seguidos de temporal, con vento, ondas e mar de fondo, o peor para as bateas. Na ría de Arousa aínda están avaliando danos. A primeira evidencia é que a peor parte levárona os viveiros das zonas máis expostas, fóra do abrigo da ría.

Polo momento, as incidencias máis graves que poden confirmar foron a rotura dunha estrutura en Cabío, que partiu pola metade, e o rescate doutra batea que quedou á deriva fronte á Illa de Arousa.

Desprendeuse en Cambados e chegou case a Rianxo. Dela soubo Toño, porque nesa deriva bateu contra unha das del.

Os outros danos que están por ver son os desprendementos de mexillón. O normal é que co mar tan movido haxa perdas, sobre todo, dos exemplares máis maduros.

Recuperada a normalidade no mar, nestes días poderán facer un balance máis exacto dos danos que deixaron ao seu paso Elsa e Fabien.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/12/2019