CRTVG

Buscar

Os autónomos pecharán o ano con perdas de 60.000 millóns de euros

Publicado o 30/11/2020 15:14

O ano que remata deixa cifras dramáticas para os autónomos. O barómero de novembro que realiza a Federación ATA conclúe que o 85 por cento vai facturar menos, e case un millón deles declara que as súas perdas son superiores a 30.000 euros.

As últimas restricións empeoraron a situación do sector: dende o un de outubro solicitaron o cesamento de actividade uns 500.000 autónomos. "Eventos, hostalería e ocio son os os sectores con máis caída de facturación", di Lorenzo Amor, presidente de ATA.

Co 20 por cento dos negocios pechados, o efecto no emprego é significativo. Catro de cada dez autónomos con traballadores solicitaron ou van solicitar ERTE. Por iso o sector pide que se prolonguen estas axudas ata o 31 de maio, e critica a suba de cotas que se fai efectiva dende hoxe. "O Goberno respóndenos cunha suba de impostos e cotizacións, non parece a mellor sensibilidade", lamenta Amor.

O aumento estaba pactado dende 2008, pero ATA pide que se suspenda temporalmente dada a situación do sector.

Noticias web

30/11/2020