CRTVG

Buscar

Os autónomos amosan a súa satisfacción co plan; na oposición, recíbeno entre a cautela e o escepticismo

Publicado o 28/04/2020 21:40

As primeiras reaccións políticas ante os plans de desescalada chegaron do Congreso. Unidas Podemos di que agora vén o maís dificil. Vox fala de improvisación e carencia de criterios técnicos na toma de decisións. O PP agarda que o Goberno teña neste proceso o éxito que non tivo, din, na xestión da crise sanitaria.

"Non se evitaron milleiros de vidas rotas e agora hai que evitar millóns de vidas arruinadas. É importantísimo, e oxalá, dígoo sinceramente, iso saia ben", afirmou a voceira do PP, Cayetana Álvarez de Toledo.

"Non revelou cales son os parámetros que farán que unha provincia poida pasar dunha fase á outra. Seguimos sen saber como se vai medir. Non hai estatísticas. Non hai criterios", asegurou o voceiro de Vox, Iván Espinosa de los Monteros.

"Ata agora fixemos o máis duro como sociedade, o confinamento. En poucos días, se todo vai ben, comezaremos a facer o máis difícil", dixo Pablo Echenique, de Unidas Podemos.

Os autónomos acollen con satisfación as fases da desescalada. Consideran importante que se recupere a actividade económica e comercial canto antes para que, con vistas ao verán, o sector turístico poida acudir á "nova normalidade".

Noticias web

28/04/2020