CRTVG

Buscar

Os arqueiros capturaron 11 exemplares de xabarís no plan de control da súa poboación en Lugo

Publicado o 04/07/2019 18:02


Dende marzo ata xuño fixéronse na zona periurbana de Lugo 45 esperas nocturas que lles permitiron aos arqueiros profesionais observar a máis de medio cento de xabarís e capturar 11 exemplares, os suficientes para cambiar a rutina das mandas e afastalas do centro urbano. A espera con arco foi, xunto coa roza das zonas de encame, as medidas máis efectivas para controlar a poboación de xabarís.

"É a medida máis efectiva para o control do xabaril na contorna de Lugo. Coas esperas con arco sen dúbida mitigouse o problema da presenza do xabaril nas rúas e nos parques", explica a directora xeral de Patrimonio Nacional.

O plan poñíase en marcha ante a alarma social que xerou o aumento de poboación destes animais. Os xabarís provocaron este ano 490 accidentes de tráfico, un milleiro de danos en cultivos pero tamén supoñen un risco para a saúde pública e o medio ambiente.

Noticias web

04/07/2019