CRTVG

Buscar

Os animais reciben, para estar protexidos, a bendición do santo Antón en Lugo

Publicado o 17/01/2019 22:03

Hoxe é o día de santo Antón Abade. Un santo que, segundo a tradición, ten o poder de curar e protexer os animais. Fregueses de Lugo acudiron á igrexa da praza da Soidade coas súas mascotas para recibiren a bendición do santo e tamén para que os animais, a maioría cans, estiveran en contacto cos da súa especie. É un oficio relixioso que cada ano conta con máis participantes.

Os cans convertéronse hoxe nuns fregueses máis no interior da igrexa capela da Soidade de Lugo. Os seus donos leváronos ao templo para conmemorar a festividade de San Antón Abade. Segundo a tradición, o santo obrou o milagre de curar a cegueira dunha femia de xabaril acabada de parir e salvou a súa vida e a das súas crías.

A bendición dos animais realízase tanto no interior como no exterior da capela e, malia que se xuntan moitos cans, debe de ser a influencia do santo a que consegue que se manteñan en calma. Para o mes de outubro, será o momento de que a bendición recaia sobre as vacas e o resto do gando no santo Antón Lacoeiro.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2019