CRTVG

Buscar

Máis de 150.000 alumnos de secundaria volven ás aulas

Publicado o 23/09/2020 08:28

• Incorpóranse gradualmente os alumnos de 1º e 2º da ESO, primeiro de bacharelato e primeiro de FP nos graos medios e superiores

• A Xunta vai aprobar mañá o plan de continxencia para o ensino non presencial


Hoxe comezou o curso en secundaria, no bacharelato e en formación profesional. Volveron ás aulas 150.000 estudantes galegos, o resto farano mañá e pasado. Este inicio progresivo é unha das novidades coas que se van encontrar os rapaces, pero non é a única. 

Os alumnos veñen mentalizados e saben que o xel, a máscara, as distancias e nalgúns casos as pantallas van ser os novos compañeiros de clase este ano. 

Na cafetería, tamén todo distinto. 

Os estudantes din q entenden as normas, pero cren que vai ser difícil cumplilas todas. Para facilitar o labor nun instituto da Coruña os máis maiores fan de guías e explican os novos protocolos a través de videos. 


Para esta volta ás aulas convocouse unha xornada de folga.  Houbo concentracións de protestaen máis dunha ducia de localidades. Foi unha convocatoria que os sindicatos afrontan divididos. Dende a CIG valoran que haxa case 2.000 mestres máis, pero considérano insuficiente para afrontar o curso. Mentres, dende o sindicato ANPE cren que non é o momento de convocar folgas.