CRTVG

Buscar

Os alergólogos pídenlles aos seus pacientes que se vacinen

Publicado o 18/01/2021 15:11

Os alérxicos aos ácaros, ao pole, ao po, ás picadas ou as persoas que presenten calquera outra alerxia poden poñer a vacina fronte á covid.

Carmen Vidal, xefa do servizo de Alergoloxía do Hospital Clínico de Santiago di que "a alerxia non pode ser unha escusa para non vacinarse". 

Os expertos explican que a vacina só está contraindicada para os alérxicos aos seus compoñentes. Son xa milleiros as persoas que se vacinaron en todo o mundo e o número de reaccións alérxicas é moi baixo.

Noticias web

18/01/2021