CRTVG

Buscar

Os alcaldes socialistas pídenlle á Xunta máis fondos para asumir as novas tarefas fronte á pandemia

Publicado o 24/09/2020 15:39

Gonzalo Caballero reuniuse cos alcaldes socialistas da executiva da FEGAMP para analizar os retos do novo curso político.

O principal é a loita contra a pandemia, e os rexedores do PSdeG coinciden en solicitarlle á Xunta máis fondos para afrontar os labores extraordinarios que asumen os concellos. O líder do PSdeG non cuantificou a cifra, pero asegurou que as administracións locais necesitan financiamento adicional para atender os efectos da covid-19.

Noticias web

24/09/2020