Os alcaldes das Mareas optan á continuidade
Publicado o 10/05/2019 00:15
As mareas tamén aspiran a mellorar os resultados obtidos en 2015 e teñen como prazas principais as tres cidades en que gobernan: A Coruña, Santiago e Ferrol.
Xulio Ferreiro, á fronte da Marea Atlántica, afronta estes comicios como unha revalida para seguir ou non co camiño iniciado hai catro anos.
Unha estratexia semellante á de Martiño Noriega, cabeza de cartel de Compostela Aberta.
O ferrolán Jorge Suárez concorre baixo as mesmas siglas de hai catro anos, pero algúns dos que eran compañeiros de candidatura serán desta volta os seu rivais.