CRTVG

Buscar

Os alcaldes da raia piden a apertura de máis pasos entre Galicia e Portugal

Publicado o 03/06/2020 19:44


Foi un acto simbólico na ponte sobre o Miño, entre a localidade de Tomiño e a portuguesa de Vila Nova de Cerveira. Acudiron os alcaldes dos doce concellos da fronteira hispano-portuguesa, que representan unha poboación de máis de 150.000 habitantes. Están molestos porque se siga mantendo aberto un único paso, o da ponte internacional Tui-Valença a pesar de que xa hai semanas que comezou a desescalada.

Sandra González, alcaldesa de Tomiño "A medida que a actividade económica se vai desescalando, cada vez vai haber máis tráfico, máis atascos e a ponte de Tui-Valença non dá para más"

Cren que a apertura de máis pasos ofrece máis garantías sanitarias e tamén axudaría á recuperación económica da zona, que segundo din, está morta.

 Fernando Nogueira. alcalde de Vila Nova de Cerveira "A nosa economía está totalmente morta, e os nosos traballadores pasan calvarios para ir traballar"

 Uxío Benítez Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Rio Minho "Demandamos que entendan a especificidade desta fronteira, a fronteira máis dinámica socioeconomicamente de toda Europa"

Todos coinciden en que é cuestión de medios, de establecer controis policiais en máis puntos ou cando menos, franxas horarias para o tránsito dos traballadores. Tamén se queixan nas localidades raianas da provincia de Ourense. Gandeiros e comerciantes piden a reapertura dos pasos. Esta semana abriu, aínda que só unhas horas ao día, o que comunica Calvos de Randín coa localidade portuguesa de Tourém.

Noticias web

03/06/2020