CRTVG

Buscar

Os agasallos cos que Papa Noel non acertou empezan a cambiarse

Publicado o 26/12/2019 15:21

Atina moito máis do que imaxinamos, porque Papá Noel cada vez se informa mellor sobre gustos e talles, pero aínda así e todo sempre hai algún fallo.

Finxir quedar encantado co agasallo cada vez é máis doado se vai acompañado do tícket regalo.

Din que é a xente nova a máis inconformista, a que máis cambia e devolve, pero non é de todo certo.

Hoxe o comercio de Santiago estaba bastante tranquilo polo de agora. O día de cambios e devolucións nótase máis tras os Reis.

Para non levar sorpresas, o importante antes de comprar é coñecer a política de cambios e devolucións de cada establecemento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/12/2019