CRTVG

Buscar

Os agasallos alegran aos máis pequenos no Nadal

Publicado o 25/12/2019 10:09

Apenas deran as nove da mañá, pero nesta e seguramente noutras moitas outras casas galegas a actividade xa era frenética. Costou coller o sono e ademais había moito envoltorio que quitar.

Teñen a sorte de que aquí conviven, está por ver se harmonicamente, dous homes vellos e corpulentos que aproveitan o Nadal para entrar ás agochadas nas casas. Carola e Valentina coñécenos á perfección e agasállannos con esta guía imprescindible sobre o Apalpador e Papá Noel.

Logo desta didáctica descrición só resta gozar deses agasallos que, segundo deixan ben claro axustando algunha conta, teñen merecidísimos.

Agora toca, polo tanto, darlle uso a todos eses regalos e compartir xogos con familia e amizades.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019