CRTVG

Buscar

Os afectados teñen dereito a reclamaren polos prexuízos causados polos cortes na luz

Publicado o 23/12/2019 15:11

A lei establece que as interrupcións imprevistas do servizo eléctrico non poderán pasar de cinco horas en zonas urbanas e de 19 en zonas rurais. Se se superan estes límites, os usuarios terán dereito a reclamaren unha indemninzación polos danos causados. Por exemplo, se se estraga un electrodoméstico ou a comida conservada no frigorífico.

Os expertos recomendan acompañar a reclamación con facturas que certifiquen as perdas e as avarías. Segundo a Unión de Consumidores de Galicia, o habitual nestes casos e que as compañías aleguen causas de forza maior para evitar facerse cargo das indemnizacións.

Ante estas dificultades, as asociacions de consumidores recomendanlles aos afectados que antes de reclamar revisen as súas pólizas aseguradoras.

Á 1 da tarde, segundo datos de Naturgy, quedaban 3.100 fogares sen luz nas provincias de Lugo e Ourense.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/12/2019