CRTVG

Buscar

Os afectados pola enchente da lagoa de Baldaio esperan que esta semana comece a dragaxe

Publicado o 25/02/2020 14:21

Traballan día e noite para evitar que a auga chegue tamén este acceso, o único que lles queda para entrar na súa propiedade.

Nestas casas viven tres mulleres viúvas e a filla dunha delas. Levan dúas semanas rodeadas de auga e completamente illadas. Para saír facer os recados non lles queda outra que saltar este muro de case dous metros de altura.

O caso é que o nivel da auga segue medrando e os veciños temen que a situación se complique nos próximos días.

Agora confían en que a dragaxe da area baixo a ponte se realice esta mesma semana. Esixen solucións urxentes para recuperar, din, a súa vida, pero sobre todo, a súa tranquilidade.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2020