Os aeroportos galegos recuperan conexións
Publicado o 06/07/2020 20:44

Os aeroportos galegos retoman aos poucos a actividade. Hoxe Peinador sumou unha cuarta ruta ás tres que xa ten operativas. Tras a crise do coronavirus, Vueling retomou este luns a conexión entre Vigo e Barcelona. Nos próximos días está previsto que regrese Air Europa co seu voo a Madrid e a finais de mes Binter reforzará as conexións coas Canarias. Na Lavacolla, Ryanair botou a andar a pasada semana as conexións internacionais e Alvedro recuperou algunhas das súas rutas habituais entre cidades españolas.
Máis sobre Galicia
22/01/2021 21:52
22/01/2021 20:46
22/01/2021 20:24