Os aeroportos galegos comezarán a recuperar voos a partir do domingo
Publicado o 15/06/2020 21:12
Será o aeroporto de Santiago o que marque ese progresivo retorno á nova normalidade. Notarase especialmente o próximo domingo, xa que están previstos un total de nove voos con destinos nacionais.
A Lavacolla recuperará dende ese día enlaces e frecuencias con cidades como Madrid, Barcelona , Alacante ou Valencia e tamén varias conexións coas Illas Canarias e Baleares .
Será o prólogo a un mes de xullo en que volverá ao aeroporto de Santiago o tráfico internacional con enlaces a Londres, Milán ou Xenebra.
Este progresivo reinicio da actividade afectará tamen as terminais de Alvedro, na Coruña, e a de Peinador, en Vigo