CRTVG

Buscar

Os aeroportos españois empezan a recuperar a actividade

Publicado o 22/06/2020 15:08

Os aeroportos españois arrancan coa súa actividade, aínda que pouco a pouco. Por exemplo, no aeroporto de Baraxas, en Madrid, só está aberta polo momento unha terminal, a T4, que apenas rexistra un cento de operacións en todo o día.

O propio Goberno di que os aeroportos españois tardarán meses en recuperar o tráfico que tiñan antes da pandemia. Agora mesmo, só poden entrar en España os viaxeiros provenientes do espazo Schengen, isto é, 26 países europeos. Pola contra, non se permite a entrada de fóra da Unión, salvo causa xustificada.

Ao chegaren, teñen que dar os seus datos de contacto, e pasar un control de temperatura e outro visual. A Comunidade de Madrid pide un plan específico con maiores medidas para Baraxas, mentres que o Goberno central considera que os controis son seguros, uns controis que non se aplican no tráfico nacional.

Nestes primeiros días, abundan as viaxes por motivos laborais ou para reencontrarse coa familia. Polo momento, aos aeroportos españois cústalles volver á normalidade.

Noticias web

22/06/2020