CRTVG

Buscar

Os acusados da Gürtel sinalan a Cotino como responsable da visita do Papa a Valencia

Publicado o 10/03/2020 17:26
Os acusados da Gürtel sinalan a Cotino como responsable da visita do Papa a Valencia

Continúa na Audiencia Nacional o xuízo da trama Gürtel por supostas contratacións ilegais con motivo da visita do papa Bieito XVI a Valencia en 2006. Este martes comezou o interrogatorio aos acusados co testemuño dalgúns dos trece que pactaron coa Fiscalía recoñecer os feitos a cambio dunha rebaixa da pena. Un deles dixo que se encargara de montar os equipos de son para o evento, e que lle dixeron que "o responsable de todo" era o entón conselleiro Juan Cotino.

Noticias web

10/03/2020