CRTVG

Buscar

Os 363 migrantes do Open Arms desembarcan en Sicilia

Publicado o 02/02/2020 19:41

Os 363 migrantes que o barco da ONG española Open Arms restacou no Mediterráneo nos últimos cinco días desembarcaron este domingo no porto siciliano de Pozzallo.

Nada máis baixaren sometéronse a estritos controis médicos e comprobouse que non tivesen febre, ao activarse o protocolo polo coronavirus.

As autoridades italianas autorizaron o atraque do barco, despois de que Malta lles denegara un porto en tres ocasións.

Dos 363 migrantes, 98 son menores e un deles tivo que ser trasladado a un hospital nada máis desembarcar.

Noticias web

02/02/2020