CRTVG

Buscar

Os 25 detidos por contrabando de tabaco en Ourense pasan hoxe a disposición xudicial

Publicado o 22/08/2020 09:10

En Ourense desartellaron unha organización dedicada ao contrabando de tabaco. Compraban presuntamente tabaco de picadura en diferentes países co que despois se elaboraban cigarros nunha fábrica no concello de Coles para vendelos finalmente no mercado negro. Hai 25 detidos ata o momento. Agárdase que hoxe presten declaración ante o xuíz en Ourense.

Este é o momento en que A Garda Civil de Ourense chegaba para trasladar os detidos na operación contra o contrabando de tabaco nesta nave industrial de Coles onde vivía e fabricaban os cigarros. Trátase do maior golpe contra o contrabando de tabaco nos últimos anos. A operación contou cunha amplo dispositivo coordinado pola Garda Civil, a Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira. Comisaron máis 300 toneladas de tabaco preparado para vender no mercado negro. Toda unha sorpresa para os veciños da localidade de Cambeo.

Os investigadores coidan que traían a picadura de tabaco por estrada dende outros países e que aquí era onde o preparaban para a súa venda. Os traballadores detidos nunca saían ao exterior da nave, e ninguén se decatara na zona de que puidera haber alguén no seu interior e menos que houbera un laboratorio ilegal de tabaco.

A operación segue aberta e que está decretado o segredo das actuacións. Os detidos son homes de diferentes nacionalidades: de Romanía, Moldavvía, Ucrania e Portugal. Están acusados ademais contrabando de tabaco de pertencer a unha organización criminal. Agárdase que hoxe presten declaración ante o xuíz en Ourense.

Noticias web

22/08/2020