CRTVG

Buscar

Organizan un macrooperativo para localizar o home desaparecido en Boimorto

Publicado o 03/03/2020 17:25
Organizan un macrooperativo para localizar o home desaparecido en Boimorto

En Boimorto, continúa sen descanso a busca de Manuel Fandiño Mella. Manuel ten 82 anos e falta da casa dende o pasado sábado. O home mide 1,75 de altura e é corpulento. No momento da desaparición ía vestido con roupa escura.

O home ten principio de alzhéimer, e a familia pensa que puido desorientarse. Os veciños estanse repartindo en pequenos grupos para seguir rastrexando a zona. Para este sábado están organizando un macrooperativo de busca que se xuntará ás 9 da mañá na escola de Brates.

Noticias web

03/03/2020