Nenas e nenos ao sol a máis de 30 graos en Ourense, a calor non é só cousa de Andalucía
Publicado o 08/05/2020 07:57
De 12 da mañá ás 7 da tarde é a franxa en que poden saír os menores, pero coa chegada da calor as horas centrais do día fanse complicadas. En Ourense superaban este xoves os 30 graos, e os pais e as nais amósanse partidarios de cambiar o horario e amplialo a despois das sete.
No cambio de horario tamén apuntan que deberían ter en conta a dispoñibilidade dos proxenitores que traballan.
Desde o Ministerio de Sanidade non desbotan facer franxas diferentes para as comunidades do norte e do sur. Pero, por exemplo, no caso de Galicia toda a cunca do Miño é a zona máis calorosa, con temperaturas que adoitan pasar dos 30 graos xa nesta época.
Máis sobre Sociedade
27/01/2021 14:31
27/01/2021 14:02