CRTVG

Buscar

De momento, os 8 drons da DXT vixían pero non multan

Publicado o 17/04/2019 16:45

Vímolos voar sobre a N-2. Era a modo de proba. Pero esta tarde estarán xa operativos durante a operación saída da Semana Santa.

Haberá oito drons que serán destinados a controlar sobre todo estradas convencionais en función das necesidades puntuais. O seu sinal recibirase na sala de control da DXT. Transmitirán imaxes de incidencias como accidentes, atascos ou infraccións.

Infraccións xa gravan, como estas, ainda que polo de agora non serán sancionadas. Pero é cuestión de tempo. Máis pronto que tarde.


Noticias web

17/04/2019