CRTVG

Buscar

Ás tres da tarde comeza a segunda fase da operación saída de tráfico do Nadal

Publicado o 27/12/2019 09:02

Ás tres desta tarde comeza a segunda fase da operación saída de tráfico con motivo do Aninovo. En Galicia prevense preto de 700.000 desprazamentos ata o 1 de xaneiro. A DXT pide precaución porque, a pesar de que o bo tempo vai predominar nos vindeiros días, iso traerá consigo a presenza de xeadas nas estradas e tamén néboa.

Haberá reforzo dos controis de velocidade, drogas e alcol e vixilancia do móbil ao volante. Na primeira fase da operación especial de tráfico de Nadal, 4 persoas faleceron nas estradas galegas entre o 20 e o 24 de decembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019