CRTVG

Buscar

O Celta fai oficial a cesión de Olaza ata 2021

Publicado o 01/07/2020 18:53

• O equipo vigués ten tamén unha opción de compra

O lateral uruguaio Lucas Olaza reincorporouse este xoves aos adestramentos co Celta de Vigo, despois de que o club galego retomase as negociacións con Boca Juniors para ampliar a súa cesión, que finalizou o pasado 30 de xuño. O uruguaio seguirá cedido ata o 2021

O Celta anunciou a noite do mércores, despois de caer derrotado en Mallorca, que Olaza xogara o seu último partido coa camiseta celeste tras non pechar a súa continuidade. O futbolista estivo onte na cidade deportiva da Madroa para despedirse dos seus compañeiros. Ont recibírono de novo cunha forte ovación e varias mensaxes de felicitación

Noticias web

01/07/2020