CRTVG

Buscar

'Okupas' nun edificio histórico de Vigo atemorizan a veciñanza

Publicado o 22/10/2020 13:07

Para moitos é a casa do terror, en agosto do ano pasado os ocupantes ilegais invadiron este histórico edificio catalogado como patrimonio. Os veciños sospeitan que un deles cobra aos demais por habitar os pisos, polo constante movemento tamén pensan que consomen e pasan droga. Tamén guindan cousas polas fiestras e pelexan entre eles.

Non teñen subministración legal de auga nin de electricidade e segundo algúns veciños arrancaron as tubaxes para vendelas, tamén estragaron as portas de madeira que como todo o edificio foron deseñadas polo arquitecto Jenaro de la Fuente, tamén o parqué era un elemento a conservar.

Nos últimos tres meses dúas persoas morreron no interior do edificio. A propietaria do inmoble é a Fundación Benéfica José Estévez que pretendía restaurar o inmoble e ir poñendo os pisos no mercado, o atraso na concesión da licenza propiciou que os ocupantes ilegais se introducisen no edificio. Unha vez deixaron acceder aos propietarios e técnicos.

Os veciños teñen medo xa que son agresivos. A propiedade conseguiu levar algún deles a dous xuízos, o último o 9 de nadal do ano pasado, desde entón os responsables agardan que se execute a sentenza para poder desafiuzar os ocupantes.

Noticias web

22/10/2020