CRTVG

Buscar

Okay, a un paso do Galatasaray

Publicado o 07/09/2020 21:09

O Celta precisa fichaxes, incorporacións pero a operación saída segue en marcha e nas próximas horas podería saír Okay Yokuslu. O Galatasaray está moi interesado no centrocampista turco. A Radio Galega informa de que a oferta sería dun millón de euros pola cesión e incluiría unha opción de compra obrigatoria por outros 4 ou 5 millóns de euros. O Celta pide máis cartos pero as cifras non son insalvables. O Galatasaray xa ten o OK do propio Yokuslu.

 

 

Noticias web

07/09/2020