CRTVG

Buscar

Oito túneles galegos incumpren a normativa de seguridade da Unión Europea

Publicado o 07/03/2020 14:30

A directiva que fixa os requisitos mínimos para a seguridade dos túneles en estrada aprobouse en 2004. O ano pasado rematou o prazo para adecuar estas infraestruturas aos novos parámetros da Unión Europea, pero en España aínda hai 77 túneles de máis de 500 metros de lonxitude que seguen sen axustarse á norma. Atravesamos tres deles circulando pola autoestrada entre A Coruña e Ferrol, comunmente sen sermos conscientes das deficiencias.

Sartego, Pedra do Couto e Campolongo terán que modernizarse. Sucede o mesmo co túnel de Candeán, entre Vigo e Peinador, e con catro túneles da autovía A-6 ao seu paso por Lugo. As esixencias de seguridade comunitaria inclúen estruturas resistentes ao lume, sistemas de detección automática de incendios e de accidentes, saídas de emerxencia e subministros de electricidade. O Ministerio de Transportes precisará investir nas obras máis de cincuenta millóns de euros.

Noticias web

07/03/2020