CRTVG

Buscar

Oito ministros socialistas deixan o escano do Congreso a petición da dirección do PSOE

Publicado o 21/02/2020 18:56
Oito ministros socialistas deixan o escano do Congreso a petición da dirección do PSOE

Oito ministros do Goberno formalizaron a renuncia ao seu escano no Congreso seguindo as directrices marcadas pola cúpula do PSOE, a pesar de que algúns deles deixaran entrever certo malestar ao non entender que uns deban deixar a acta e outros non. En concreto, o PSOE decidiu que só debían conservar o escano, ademais do presidente Pedro Sánchez, a vicepresidenta primeira, Carmen Calvo; a titular de Facenda e portavoz, María Jesús Montero, e o ministro de Transportes, José Luis Ábalos.

No caso de Unidas Podemos, en cambio, o criterio é que todos, ata os secretarios de Estado, compaxinen o Goberno e o Congreso. Ao resto de titulares do banco socialista pídelles que renuncien á acta de deputado canto antes para que poidan ser substituídos nas votacións previstas na sesión plenaria da semana próxima no Congreso dos Deputados.

Os oito membros do Executivo que deixaron o escano son a vicepresidenta para a Transición Enerxética, Teresa Ribera, así como os ministros Juan Carlos Campo (Xustiza), Margarita Robles (Defensa), Fernando Grande-Marlaska (Interior), Isabel Celaá (Educación), Luis Planas (Agricultura), Reyes Maroto (Industria) e Pedro Duque (Ciencia)