CRTVG

Buscar

Oito estacións de tren de Galicia quedan dende hoxe sen venda presencial de billetes

Publicado o 01/01/2020 15:14

Haberá que fecelo nas máquinas expendedoras, a través de Internet ou nas oficinas de Correos. Unha decisión que xerou malestar entre os usuarios.

Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, Ribadavia, Ortigueira, Viveiro e Burela son as oito estacións de tren galegas que quedaron sen a venda de billetes en despacho. Os sindicatos ferroviarios critican a medida porque destrúe emprego e os usuarios xa non terán a quen consultar dúbidas ou pedir axuda. Falan de estacións pantasma e sen utilidade.

Noticias web

01/01/2020